Coa fin de pechar esta singradura do Club, para o día 19 de xuño argallamos un xogo de pistas e probas relacionadas coas
lecturas realizadas polos dous grupos de lectores. Foi unha actividade conxunta na que implicamos ao persoal de Secretaría, Conserxería, profesorado do centro... e mesmo saímos da Biblioteca para fixar o obxectivo das cámaras na antítese do feísmo urbanístico. Pasámolo moi ben tod@s xunt@s, tanto que o tempo fuxiu non sabemos por onde e case esquecemos facer unha foto de grupo. Grazas a Carla pola cesión do documento gráfico e grazas a tod@s por participar.
viernes, 20 de junio de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
Recitamos poesía... e divertímonos!
A
reunión sobre a lectura de La rosa de los vientos, como sabedes, sufriu un aprazamento por cuestións de axenda dos integrantes do Coro que se desprazaron a Bélxica (vaia voces! e vaia premio que trouxeron!) e realizámola finalmente o 15 de maio.
Por sorte, propoñer esta antoloxía resultou un
acerto e todos atopamos nela os nosos poemas favoritos. Iso si, a primeira
tentativa de gravar estes textos recitados polos alumnos e alumnas do
Club foi “misión imposible” pois a quen non lle daba por rir, ou
vergoña, trabucábase...
Fixamos o 5 de xuño para unha nova reunión
exclusivamente para as gravacións e aquí tedes o resultado:
jueves, 29 de mayo de 2014
O curioso incidente do can a medianoite
Ao final, nin
deixando máis tempo. Algúns de vós non lestes o libro. Así non vale!
A xuntanza fixémola
igual pero non é o mesmo. Só podiamos falar algúns e non
moito porque non queriamos contarvos o final. Ademais o mellor do libro non é a
historia en si senón como a vai contando Christopher, un
adolescente moi intelixente con síndrome de Asperger. É incapaz de entender as
expresións faciais e ten moitas dificultades para entender as relación humanas.
Imaxinades como sería a vosa vida sen entender as caras que pon a xente?
O mellor de esta
reunión foi ver como os que si lestes o libro animastes aos demais a
acabalo.
Xa non vos propoño
ningunha lectura nova. A próxima xuntanza terémola o 19 de xuño. Xa case
estaremos de vacacións. E como fin de festa convidámosvos a mercar libros para
a biblioteca... e algo máis. Pero iso é ...
martes, 6 de mayo de 2014
Un pouco máis de tempo...
Sodes varios os que falastes comigo porque non vos deu tempo de ler o libro.
Por esta razón, e, despois de falar con todos decidimos aprazar a xuntanza do
12 de maio ata o día 26.
Organizádevos, que así hai tempo para todo!
viernes, 11 de abril de 2014
La rosa de los vientos
En palabras
de Luís García Montero: “La poesía siempre nace de una mirada
porque los versos, las metáforas, los adjetivos precisos, las
palabras mágicas, los juegos y los cambios de sentido son una forma
especial de ver el mundo”.
Escollemos como última lectura para este curso a antoloxía La
rosa de los vientos. Anunciabamos
que a rosa dos ventos sinala todos os rumbos e agardamos acertar con
esta proposta de lectura... Para aqueles e aquelas de vós
interesados no tema do amor, aquí están representados Bécquer ou
Juan Ramón Jiménez; para amantes da liberdade, figuran textos
emblemáticos como a Canción del pirata de Espronceda; quen ata
agora pensase, erroneamente, que poesía e humor non casan ben, gozará lendo a Salinas e Gómez de la Serna... En fin, na
ampla nómina de autores están tamén Neruda, Lorca, Antonio
Machado, Alberti... Poesía de diversos tempos e culturas que queremos escoitar nas vosas voces. Animádevos a recitar!
Reunirémonos o día 8 de maio na Biblioteca, coma sempre. Boa lectura a tod@s!
jueves, 10 de abril de 2014
Quen matou ao can?
Pois si. Xa vedes. Alguén matou un can. E a medianoite.
Nesta ocasión necesitamos a vosa axuda para descubrir ao cruel asasino de Wellington, o caniche
da señora Shears. Que quen é esta señora? Pois a veciña de Christopher, o neno de 15 anos que vive en Swindon. Seguides
sen entender? Pois ides ter que ler O curioso incidente do can a medianoite
para chegar ao fondo do asunto.
Agárdovos o 12 de maio na biblioteca para falar de todo
isto…e máis!
Atopamos un tesouro
Simbad
o Mariñeiro, o Paulo da historia, resultou ser un auténtico
loitador, abofé! Pero non é o único, nin moito menos. Dentro do
noso Club quedou claro que temos valentes valentes... Nesta vida realmente hai
filibusteiros amolando por todas partes, conque mellor termos os
ollos ben abertos!
Estade atentos ao blog!
O
“tesouro” desta novela de Francisco Castro quedou gardado dentro de cada un de nós,
pero simbolicamente degustámolo en forma de piruletas que atopamos
agochadas nun cofre. Haivos cousas ben curiosas!
E agora, que toca?
Disque esta é unha copia da rosa dos ventos da carta náutica de 1504 do navegante portugués Pedro Reinel. É a primeira rosa dos ventos coñecida que representa claramente a flor de lis como símbolo do norte. Se vos fixades, a rosa dos ventos é un círculo que ten marcados arredor os rumbos en que se divide a circunferencia do horizonte. Nas cartas de navegación represéntase por 32 rombos unidos por un extremo, mentres que o outro sinala o rumbo sobre o círculo do horizonte e sobre este sitúase a flor de lis coa que se representa o norte. Ademais, a rosa dos ventos pode ser un diagrama que representa a intensidade media do vento en diferentes sectores do círculo do horizonte.
O
curso vai camiño do remate, así que agora imos gozar coa poesía. A
lectura para o mes de maio será a antoloxía titulada La rosa de
los vientos, que nos sinalará poeticamente todos os rumbos.E agora, que toca?
Disque esta é unha copia da rosa dos ventos da carta náutica de 1504 do navegante portugués Pedro Reinel. É a primeira rosa dos ventos coñecida que representa claramente a flor de lis como símbolo do norte. Se vos fixades, a rosa dos ventos é un círculo que ten marcados arredor os rumbos en que se divide a circunferencia do horizonte. Nas cartas de navegación represéntase por 32 rombos unidos por un extremo, mentres que o outro sinala o rumbo sobre o círculo do horizonte e sobre este sitúase a flor de lis coa que se representa o norte. Ademais, a rosa dos ventos pode ser un diagrama que representa a intensidade media do vento en diferentes sectores do círculo do horizonte.
Estade atentos ao blog!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)