Mostrando entradas con la etiqueta Jerome Salinger. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jerome Salinger. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de marzo de 2008

Jerome D. Salinger





Jerome David Salinger (Nova York, 1919), fillo de emigrantes, a nai católica de orixe irlandés e o pai xudeu polaco, é un dos escritores norteamericanos máis misteriosos do século XX. Pouca cousa se sabe del, pois teno visto moi pouca xente. A penas si hai unha fotografía súa e, incluso, durante un tempo difundiuse o rumor de que non existía: non sería máis que unha tapadeira creada por un sindicato anónimo de escritores. O certo é que o seu reservado modo de vida ten contribuído en grande medida á creación desa figura fantasmagórica moi do agrado dos seus “fans” (durante a década dos 50 formáronse nos Estados Unidos varios clubs de adeptos ó fenómeno Salinger). Dende principios dos anos 60 vive recluído, coma un anacoreta, nunha casa solitaria nos bosques de New Hampshire, parece ser que dedicando o seu tempo ó budismo zen, ó vexetarianismo, á homeopatía e a contemplar a televisión. Na entrada da súa propiedade pode lerse un cartel ben revelador do seu caracter: “Prohibido pasar”.

Sábese que foi un alumno mediocre na adolescencia, que ós 15 anos entrou nunha academia militar, onde contemplou o tráxico suicidio dun dos seus compañeiros ó tirarse por unha ventá e que, despois dunha breve viaxe por Europa, inscribiuse con pouco éxito na Universidade de Columbia nun curso de literatura titulado “creative writting”. En 1945 foi mobilizado e participou posteriormente no desembarco de Normandía. En 1955 cásase con Claire Douglas, filla dun relevante crítico de arte, da que se divorciou 10 anos despois e con quen tivo unha filla, Margaret, e un fillo, Matt Salinger, que acabaría converténdose en actor de cine. A súa filla escribiu unha biografía sobre el na que non sae moi ben parado. Censúralle a mala vida que lle fixo pasar á súa nai. Desde o seu retiro da vida pública numerosos admiradores téñense achegado ós arredores da súa propiedade coa esperanza de ver ó enigmático Salinger. Eso si, frecuentemente no inverno, para aproveitar as facilidades que proporciona a falta de follas nas árbores.

Salinger ten escrito poucas obras. Parece que a súa producción é inversamente proporcional á súa xigantesca lenda. Unha soa novela: O vixía no centeo (1951), Nove contos (1953) e, máis tarde, entre 1961 e 1963, tres relatos pensados como partes dunha nova novela: Franny e Zooey, Levantade carpinteiros a viga mestra e Seymour: unha introducción. De entre estes escritos o máis célebre e, segundo moitos críticos, a obra mestra da literatura americana da súa xeración, é sen dúbida a novela. Aquí describe a sensibilidade, a vida social e a atmosfera do seu tempo a través da historia dun rapaz, Holden Caulfield, que ó ser expulsado dun centro escolar vaga durante tres días polas rúas de Nova York. Trátase dun personaxe no que se recoñeceron miles de estudiantes americanos, e co que se pode identificar calquera adolescente que estea pasando polo duro tránsito psicolóxico que supón descubrir a hipocrisía, mentira e inxustiza na que viven os adultos, tan afastados das fantasías heroicas que envolven a inocencia da infancia. Despois de ter lido esta novela moitas xeracións de entusiastas viviron e viven esperando aínda unha nova novela de Salinger.

Jerome D. Salinger



Os grupos de 1º de Bacharelato iniciaron Club de lectura cunha selección de relatos de Jerome Salinger:

Forman os grupos os alumnos de 1º C Eva Vilar Fernández, Inés López Couto, Rudy Pacio Rivas, María José López Lorenzo, Eva Partido Alonso; de 1º B Rubén Níñez Lorigados, Alba Rodríguez López, Diego Gómez Couto, Nicolás Vázquez Gutiérrez, Francisco Ponce Belmonte; de 1ºA Jennifer Agüeira Casariego, Carmela Díaz Reimunde, Cristian Domínguez Fernández, Orlando Fernández Río, Macarena Giacoman García, Alejandra María Hermida Campo, Carolina Mon Cancio, Cristina Neira Otero, Cristina Niñez Prado, Iria Natalia Otero Fernández, Leticia Otero López, Alba Pérez Losada, Sabela Pico Lombán, Jorge Rey Oliveros, Zeltia Ruíz Neira, Pablo Sánchez Cruz, María Suárez García, Cristina Villarino Ledo e os profesores Concepción Roca Constela, Marisa Bermúdez, Jesús Vázquez Méndez.