Mostrando entradas con la etiqueta Agatha Christie. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agatha Christie. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2009

Se tes intención de ler Asasinato no Orient Express non leas isto


Agora que xa todos limos o libro, Noelia Legaspi nos desvela o seu contido.

Hercule Poirot embarca no Orient Express. Dáse conta de que non hai sitio en primeira clase e ocupa un compartimento de segunda cun americano chamado Héctor.
No coche restaurante coñece ó resto dos pasaxeiros. Un deles, chamado Ratchett, recoñéceo e quere contratalo para que o protexa dun asasino. Poirot rexeita a súa proposta e consegue finalmente un compartimento en primeira para el só.

Pola noite, no vagón escóitanse uns berros e soar algúns timbres chamando ó encargado. Este atende a unha señora americana que lle di que había alguén no seu compartimento. Esa mesma noite o tren vese obrigado a parar debido a unha forte ventisca.


Ó día seguinte pola mañá Ratchett aparece asasinado. A porta do seu compartimento estaba pechada e teñen que rompela. Bouc, un doctor grego e Poirot inspeccionan o cadáver e fanse cargo do caso. No corpo do falecido aparecen varias coiteladas.


Tras investigar, Poirot descobre que Ratchett era un asasino que estaba envolto nun crime moi coñecido, o caso “Armstrong”, o cal consistira no secuestro e asasinato dunha menor e que conlevou a morte da nai e o suicidio do pai da cativa.

Ó final do libro, Poirot, o famoso detective belga, descobre que as persoas que se atopaban no coche de pasaxeiros no que viaxaba a vítima do crime estaban dunha ou doutra maneira relacionados coa familia Armstrong. Deste xeito quedan explicadas as diversas coiteladas que recibira a vítima e a grande antipatía que todos os pasaxeiros sentían cara a ela.

martes, 14 de abril de 2009

Asasinato no Orient Express




Nesta ocasión enfrontámonos a unha novela de misterio e asasinato a cargo de Agatha Christie en sintonia co club de lectura do IES Vilar Ponte de Viveiro. Con eles comentaremos a nosa lectura.
A obra tivo unha adaptación cinematográfica da que vos ofrecemos un fragmento interpretado nin máis nin menos que por Ingrid Bergman.