miércoles, 25 de noviembre de 2009

Club de lectura 2009-10

Xa somos 18 alumnos e cinco profesores para dar comezo por cuarto ano consecutivo o noso Clube de lectura. Reunirémonos os Xoves que entre todos decidamos a partir das 16 horas para falar de libros.

Estos son os participantes: alumnos de ESO (Irea Fernández http://lectoresfoz.blogspot.com/Xove, Noa López Teijeiro, Jenniffer Fernandes Barbosa, Gemma Maseda Mariño, Fátima Dilami Bouzni, Cristina Leandro Augusto Memorias, Hanza Selovane el Khiari, Eddy Alexander Solano Cordero, Mohamed El Kamel Histi, Lucía Villarino, Tamara Rodríguez González, Sabela Fernández Rodicio, Alicia María de Oliveira García, María del Mar García García, Vanesa Balseiro García, Nekame Iglesias López, Alba Díaz Fernández, Julia García Currás) e profesores (Concepción Roca Constenla, Montserrat García Sanjurjo, Marisa Bermúdez, Enrique Marcote Icart, Jesús García Cortázar).

jueves, 18 de junio de 2009

A mansión dos Pampín

O cómic de Miguelanxo Parado A mansión dos Pampín é o elixido para pechar as sesións do noso club de lectura. Picando na imaxe accedes ó cómic na rede e interesantísima e completa información acerca do proxecto Terra.

viernes, 29 de mayo de 2009

Viaxe do Club de lectura




Posted by Picasa



O club de lectura do IES de Foz propón, para rematar as actividades deste curso 2008-9 invítate a unha excursión a Santiago co seguinte plan:

Venres 26 de Xuño: Saída ás 8:30 ; 11 h. visita guiada pola Biblioteca América, Pazo de Fonseca, biblioteca e cubertas da Facultade de Historia; 12.30 visita á librería Couceiro e compra de libros; 14h comida; 16h.café-tertulia sobre o cómic A mansión dos Pampin, de Miguelanxo Prado;18 h.: regreso a Foz (chegada sobre as 20.30 h.).

Para a nosa tertulia temos convidado ó Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e a Víctor Freixanes.

lunes, 18 de mayo de 2009

Videoconferencia



O venres 15 de Maio o club de lectura do IES de Foz celebrou unha sesión de videoconferencia co IES Vilar Ponte de Viveiro para comentar a lectura de Asasinato no Orient Express de Agatha Christie. Un ha experiencia moi interesante que con seguridade habemos de repetir o vindeiro curso.

miércoles, 29 de abril de 2009

Ítalo Calvino

Con motivo da lecturano clib deMarcovaldo, Luzdivina Lorenzo Chaves achéganos unha reseña de Ítalo Calvino.
Ítalo Calvino naceu en Cuba en 1923 pero na súa adolescencia emigrou, xunto coa súa familia, a Italia. Co estalido da 2ª Guerra Mundial Calvino foi chamado ó servizo militar pola República Social Italiana , pero desertou e uniuse ás Brigadas Partisanas, mentres que seus pais quedaban como reféns dos alemán. Rematada a guerra mudouse a Turín, onde colaborou en varios perióidicos, e posteriormente matriculouse na facultade de Letras.

Neste período publicou na editorial Einaudi a súa primeira novela Il sentiero dei nidi di ragno, baseada nas súas experencias como partisano. Seguiu un volume de contos; ámbalas dúas obras de carácter neorrealista, ata a súa famosísima triloxía, aparentemente fantástica, I nostri antenati (O vizconde demediado, O barón rampante e O cabaleiro inexistente).

En Marcovaldo,ovvero Le stagioni in città recompilación de fábulas modernas nas que se evidencia o contraste entre natureza e progreso e editado en dúas series en dúas datas diferentes 1958 e 1963, podemos apreciar a evolución do autor. A primeira serie achégase ó terreo da fábula, mentras que a segunda trata os mesmos temas —a sociedade urbana— levándoos de maneira irónica cara ó absurdo.

Cuba, París e Roma foron as súas ciudades; a súas súas obras Le Cosmicomiche (1955), unha recompilación de contos aparentemente de ciencia ficción, Ti con zero (Tiempo cero) de 1967 e Il castello dei destini incrociati (1969), La taverna dei destini incrociati (1973), Le città invisibili (1972), Se una notte d'inverno un viaggiatore (1979) nas que amosa o seu interese polas ciencias naturais e a socioloxía.

Morre en Roma en 1985 dun ictus cerebral. Varias obras póstumas teñense publicado dende entón.

lunes, 27 de abril de 2009

Se tes intención de ler Asasinato no Orient Express non leas isto


Agora que xa todos limos o libro, Noelia Legaspi nos desvela o seu contido.

Hercule Poirot embarca no Orient Express. Dáse conta de que non hai sitio en primeira clase e ocupa un compartimento de segunda cun americano chamado Héctor.
No coche restaurante coñece ó resto dos pasaxeiros. Un deles, chamado Ratchett, recoñéceo e quere contratalo para que o protexa dun asasino. Poirot rexeita a súa proposta e consegue finalmente un compartimento en primeira para el só.

Pola noite, no vagón escóitanse uns berros e soar algúns timbres chamando ó encargado. Este atende a unha señora americana que lle di que había alguén no seu compartimento. Esa mesma noite o tren vese obrigado a parar debido a unha forte ventisca.


Ó día seguinte pola mañá Ratchett aparece asasinado. A porta do seu compartimento estaba pechada e teñen que rompela. Bouc, un doctor grego e Poirot inspeccionan o cadáver e fanse cargo do caso. No corpo do falecido aparecen varias coiteladas.


Tras investigar, Poirot descobre que Ratchett era un asasino que estaba envolto nun crime moi coñecido, o caso “Armstrong”, o cal consistira no secuestro e asasinato dunha menor e que conlevou a morte da nai e o suicidio do pai da cativa.

Ó final do libro, Poirot, o famoso detective belga, descobre que as persoas que se atopaban no coche de pasaxeiros no que viaxaba a vítima do crime estaban dunha ou doutra maneira relacionados coa familia Armstrong. Deste xeito quedan explicadas as diversas coiteladas que recibira a vítima e a grande antipatía que todos os pasaxeiros sentían cara a ela.

martes, 14 de abril de 2009

Asasinato no Orient Express




Nesta ocasión enfrontámonos a unha novela de misterio e asasinato a cargo de Agatha Christie en sintonia co club de lectura do IES Vilar Ponte de Viveiro. Con eles comentaremos a nosa lectura.
A obra tivo unha adaptación cinematográfica da que vos ofrecemos un fragmento interpretado nin máis nin menos que por Ingrid Bergman.