jueves, 15 de abril de 2010

Rubén Suárez e Miguel Hernández



Os participantes do club de lectura tedes participado como recitadores ou espectadores no concerto da semana pasada. Pinchando nas fotos enlazades a máis información.

Miguel Hernández



Logo do concerto-recital de Miguel Hernández que celebramos a semana pasada, é o momento da reunión do club para comentar os textos seleccionados e as vosas impresión sobre o concerto. Pinchando na fotografía de Miguel Hernández tedes acceso a un enlace interesante sobre o poeta.

jueves, 8 de abril de 2010

Máis feísmo: unha contribución de Montse

A casa dos Pampín e o feísmo

Na sesión do club na que analizamos A mansión dos Pampín aludiamos constantemente ó feísmo. Logo de o que alí comentabamos, as imaxes que adxuntamos son moi ilustrativas.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Tom Sawyer "ataca" de novo

Como segunda lectura para o noso club de lectura retomamos este ano As Aventuras de Tom Sawyer, de Mark Twain. Na fotografía da primeira edición da obra tes o enlace ás entradas que elaboramos o curso pasado con motivo da lectura desta divertida novela.

Fotos da primeira sesión


miércoles, 2 de diciembre de 2009

Préstamo interbibliotecario




















Viaxan para o IES Vilar Ponte de Viveiro uns libros en empréstito para o seu club de lectura: Ollos de auga, de Domingo Villar e Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra i Fabra.

Esperamos que vos gusten e nos fagades chegar os vosos comentarios.