As
reunións farémolas dentro do horario lectivo para facilitar ao
máximo a asistencia. Organizarémonos en dous grupos, o dos maiores
(4º ESO) e o dos máis cativos (1º e 2º ESO) e teremos as
xuntanzas coincidindo coa vosa hora de Titoría.
A
primeira reunión do Club de lectura será o día 16 de decembro de 2013 para alumnos e alumnas de 4º ESO e o día 19 do mesmo mes para 1º e 2º ESO.
A chave dos libros abre o paso ás
primeiras lecturas: Tom Sawyer (para membros do Club de 4º ESO) e relatos de Edgar Allan Poe (para alumnado 1º e 2º ESO). Se queredes información sobre estas obras e os seus autores, facede as vosas pescudas polo blog.
E xa podedes pasar pola Biblioteca para recoller os exemplares que están a agardar por vós!
E xa podedes pasar pola Biblioteca para recoller os exemplares que están a agardar por vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario