Escoitastes
falar de Marcovaldo? Non, non é un xogador de fútbol nin un actor
ou cantante famoso. Quizá ese nome non vos diga nada. De todas
maneiras, unha vez que o coñezades, dificilmente o poderedes
esquecer. A proposta para a próxima xuntanza son tres historias de Italo Calvino, incluídas en Marcovaldo ou as estacións na cidade (1963), traducido por Silvia Gaspar.
Hai
información sobre Calvino na entrada antiga do blog e, como curiosidade, nesta revista de literatura tedes
unha explicación do propio autor sobre o seu xeito de escribir, que titula
"Cómo escribo": www.lamaquinadeltiempo.com/prosas/calvino01.htm
Vémonos o 23 de xaneiro na Biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario