Comezamos dando a nosa opinión sobre o libro e para ter un apoio visual na análise dos personaxes vimos un fragmento da serie de debuxos animados tan famosa nos 80. Isto deunos pé para falar de como imaxinabamos a cada un dos personaxes e tamén comentamos como cambiou a oferta audiovisual dirixida ao público infantil e xuvenil desde entón.
E na próxima xuntanza... que?
Imos cun libro máis breve. Tamén cambiamos de xénero. E ímonos poñer algo románticos. Coñecedes a Neruda e os seus 20 poemas de amor? E a canción desesperada?
Isto é o que vos propoñemos para o 24 de febreiro. Mesmo podedes aproveitalo para o día dos namorados, quen sabe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario