Sabedes
que é a lista de honra do IBBY? Pois estas siglas (The International
Board on Books for Young People) refírense a unha selección bienal
de libros de publicación recente nos países membros da Organización
e nela destácanse os escritores, ilustradores e tradutores que os
realizaron. A consecuencia máis directa é unha maior divulgación e
máis traducións. Pois ben, Chamádeme Simbad foi incluída
na lista de honra do IBBY no 2012. Trátase dunha novela xuvenil
escrita desde o corazón do seu autor, Francisco Castro. Nela
atoparemos aventura, si, pero sempre desde a tenrura ao tratar o tema
da enfermidade. Tamén haberá a súa dose de crítica, humor,
soños... Xa veredes como conseguides descifrar o verdadeiro
significado dunha “palabra fea”...
Neste
enlace podedes escoitar un fragmento da novela na voz do seu autor:
www.ivoox.com/chamademe-simbad-audio-mp3_rf_409556_1.html
E neste outro, sabedes que coñecida actriz lles pon voz ás primeiras páxinas? Escoitade: www.ivoox.com/primeiras-paxinas-chamademe-simbad-audios-mp3_rf_379435_1.html
E neste outro, sabedes que coñecida actriz lles pon voz ás primeiras páxinas? Escoitade: www.ivoox.com/primeiras-paxinas-chamademe-simbad-audios-mp3_rf_379435_1.html
Ademais, se ides ao blog de Francisco Castro, franciscocastro.blogaliza.org,
podedes ver unha entrevista que lle realizaron sobre Chamádeme
Simbad na TVG, no programa ZigZag Diario.
Xuntámonos o 3 de abril. Boa lectura a tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario