O luns xuntámonos para poñer en común as nosas experiencias sobre a novela gráfica Ardalén. O certo é que o libro gustounos moito. Por unha banda os debuxos son incríbles, cada viñeta é unha obra de arte que podería estar colgada na sala de calquera museo, e aos que nos gusta facer algúns garabatos co lápis de cando en vez, motivounos para aprender mellor a técnica.
Por outra banda, a historia. Falamos dos personaxes, da curiosidade das persoas da necesidade de coñecer o noso pasado, de onde vimos. Tamén falamos da enfermidade, da vellez,
da realidade e a fantasía… Non fixemos máis que falar pero
foi moi enriquecedor para todos e xurdiron datos e situacións
persoais que descoñeciamos uns doutros a pesar de levar tantos anos xuntos.
Animamosvos a tod@s a que leades e disfrutedes como xa o fixemos nós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario