Animamosvos a tod@s a que leades e disfrutedes como xa o fixemos nós.
martes, 8 de abril de 2014
Xuntanza de ardalén
O luns xuntámonos para poñer en común as nosas experiencias sobre a novela gráfica Ardalén. O certo é que o libro gustounos moito. Por unha banda os debuxos son incríbles, cada viñeta é unha obra de arte que podería estar colgada na sala de calquera museo, e aos que nos gusta facer algúns garabatos co lápis de cando en vez, motivounos para aprender mellor a técnica.
Por outra banda, a historia. Falamos dos personaxes, da curiosidade das persoas da necesidade de coñecer o noso pasado, de onde vimos. Tamén falamos da enfermidade, da vellez,
da realidade e a fantasía… Non fixemos máis que falar pero
foi moi enriquecedor para todos e xurdiron datos e situacións
persoais que descoñeciamos uns doutros a pesar de levar tantos anos xuntos.
Animamosvos a tod@s a que leades e disfrutedes como xa o fixemos nós.
Animamosvos a tod@s a que leades e disfrutedes como xa o fixemos nós.
viernes, 21 de marzo de 2014
Nova proposta para 4º: Ardalén
Nova proposta e novo xénero.
Como andades tan atarefados e dicides que nos tedes moito tempo propoñemosvos ler unha obra con Premio. Trátase da última novela gráfica de Miguelanxo Prado: Ardalén.
Como? Que non sabedes quen é? Seguro que se xogara ao futbol saberíadelo. Non o coñecedes tanto pero tamén é internacional. Non gañou a liga pero é todo un campión. O pasado mes de outubro concedéuselle o premio nacional de cómic pola obra que nós imos ler. Pero non é un recén chegado. Ten unha larga carreira e amplo recoñecemento tras del e aínda que creades que non o coñecedes é o creador do Xabarín e doutros personaxes da serie Os vixiantes do camiño da televisión galega. Tamén foi o xefe de debuxantes da serie Men in black, traballou con Spielberg e durante catro temporadas creou máis de 1700 personaxes para esta serie de animación. Ademáis é dende 1998 o director do salón do cómic Viñetas desde o Atlántico que enche de superheroes as rúas de A Coruña todos os veráns. A que agora xa non é tan descoñecido? Se vos gusta a novela gráfica non deixedes de visitar o seu blog Papeles dispersos. Vaivos encantar!
Sobre Ardalén non vos dicimos nada. Lédeo, saboreádelo e o 6 de abril... falamos!
Como andades tan atarefados e dicides que nos tedes moito tempo propoñemosvos ler unha obra con Premio. Trátase da última novela gráfica de Miguelanxo Prado: Ardalén.Como? Que non sabedes quen é? Seguro que se xogara ao futbol saberíadelo. Non o coñecedes tanto pero tamén é internacional. Non gañou a liga pero é todo un campión. O pasado mes de outubro concedéuselle o premio nacional de cómic pola obra que nós imos ler. Pero non é un recén chegado. Ten unha larga carreira e amplo recoñecemento tras del e aínda que creades que non o coñecedes é o creador do Xabarín e doutros personaxes da serie Os vixiantes do camiño da televisión galega. Tamén foi o xefe de debuxantes da serie Men in black, traballou con Spielberg e durante catro temporadas creou máis de 1700 personaxes para esta serie de animación. Ademáis é dende 1998 o director do salón do cómic Viñetas desde o Atlántico que enche de superheroes as rúas de A Coruña todos os veráns. A que agora xa non é tan descoñecido? Se vos gusta a novela gráfica non deixedes de visitar o seu blog Papeles dispersos. Vaivos encantar!
Sobre Ardalén non vos dicimos nada. Lédeo, saboreádelo e o 6 de abril... falamos!
martes, 18 de marzo de 2014
Neruda
Por fin xuntámonos para falar de poesía. Para achegarnos máis ao autor e a súa intensa e interesante vida, cada un de nós buscou un dato concreto da mesma, aproveitando os medios dos que dispoñemos na biblioteca escolar. E botando man deses mesmos medios escoitamos como o cantante Alex Ubago recitaba o poema XX. Así decatámonos de ata que punto cambia un texto, neste caso un poema, segundo quen lle poña voz.
Como vos gustou, aquí vos deixo a Alejandro Sanz recitando outro poema de Neruda
Como vos gustou, aquí vos deixo a Alejandro Sanz recitando outro poema de Neruda
viernes, 7 de marzo de 2014
Chamádeme Simbad
Neste
enlace podedes escoitar un fragmento da novela na voz do seu autor:
www.ivoox.com/chamademe-simbad-audio-mp3_rf_409556_1.html
E neste outro, sabedes que coñecida actriz lles pon voz ás primeiras páxinas? Escoitade: www.ivoox.com/primeiras-paxinas-chamademe-simbad-audios-mp3_rf_379435_1.html
E neste outro, sabedes que coñecida actriz lles pon voz ás primeiras páxinas? Escoitade: www.ivoox.com/primeiras-paxinas-chamademe-simbad-audios-mp3_rf_379435_1.html
Ademais, se ides ao blog de Francisco Castro, franciscocastro.blogaliza.org,
podedes ver unha entrevista que lle realizaron sobre Chamádeme
Simbad na TVG, no programa ZigZag Diario.
Xuntámonos o 3 de abril. Boa lectura a tod@s!!
jueves, 6 de marzo de 2014
A mansión dos Pampín
Moito
xogo deu a interesante proposta gráfica de A mansión dos Pampín,
de Miguelanxo Prado. Entre os diferentes temas que comentamos, un
papel moi destacado tívoo o feísmo urbanístico. Ao fío desta
cuestión e a xeito de entretido puzle, organizamos os anacos de casas e construcións galegas
tal como nos gusta velas. Así, si!

A chave dos libros segue dando paso a novas historias...Estade atent@s ao blog para saber da próxima lectura!
martes, 25 de febrero de 2014
Neruda... para marzo
jueves, 30 de enero de 2014
Vaia risas con Marcovaldo!
As galletas que nos elaboraron na confitería Bahía con forma de
coello foron un éxito total!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)