viernes, 20 de diciembre de 2013

Primeira xuntanza de 1º e 2º ESO

Comezamos a nosa reunión con certa timidez e medo escénico, así que fixemos unha presentación informal de cada un de nós e así coas risas rompemos o xeo.
Os relatos de Poe que lemos  foron O escaravello de ouro  e Os crimes da rúa Morgue. Revivimos todo o desacougo que nos crearon esas lecturas pero que non por iso deixaron de gustarnos.
Ao final, tod@s acabamos comentando o que máis nos  sorprendera, como o reloxo que penduraba da árbore, e cadramos de acordo en que Poe é un autor que paga a pena ler.
E para adozar unhas tramas tan intrigantes, uns bombóns de benvida ao club.
Estade atent@s ao blog para coñecer as próximas lecturas!



Marcovaldo

http://www.librolibro.es/images/portadas/marcovaldo-ou-as-estacions-na-cidade-9788499144801.jpgEscoitastes falar de Marcovaldo? Non, non é un xogador de fútbol nin un actor ou cantante famoso. Quizá ese nome non vos diga nada. De todas maneiras, unha vez que o coñezades, dificilmente o poderedes esquecer. A proposta para a próxima xuntanza son tres historias de Italo Calvino, incluídas en Marcovaldo ou as estacións na cidade (1963), traducido por Silvia Gaspar.
Como o orixinal estaba en italiano, propoñemos un audio nesta lingua sobre un dos relatos, “O bosque na autoestrada”: www.youtube.com/watch?v=1X18AOPFegE
Hai información sobre Calvino na entrada antiga do blog e, como curiosidade, nesta revista de literatura tedes unha explicación do propio autor sobre o seu xeito de escribir, que titula "Cómo escribo": www.lamaquinadeltiempo.com/prosas/calvino01.htm
Vémonos o 23 de xaneiro na Biblioteca!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Primeira xuntanza 4º ESO

Ai! Mal comezamos cando non cumprimos os prazos de lectura!
Pero non pasa nada, xa sabemos que tedes moitos exames e que ás veces non se chega a todo.
Adiamos a data da reunión sobre Tom Sawyer para o 13 de xaneiro. Buscade un oco no Nadal para perdervos nas súas aventuras.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Comezamos!!!

Amig@s do club:
As reunións farémolas dentro do horario lectivo para facilitar ao máximo a asistencia. Organizarémonos en dous grupos, o dos maiores (4º ESO) e o dos máis cativos (1º e 2º ESO) e teremos as xuntanzas coincidindo coa vosa hora de Titoría.
A primeira reunión do Club de lectura será o día 16 de decembro de 2013 para alumnos e alumnas de 4º ESO e o día 19 do mesmo mes para 1º e 2º ESO.
El Escarabajo De Oro Los Crimenes De La Calle MorgueA chave dos libros abre o paso ás primeiras lecturas: Tom Sawyer (para membros do Club de 4º ESO) e relatos de Edgar Allan Poe (para alumnado 1º e 2º ESO). Se queredes información sobre estas obras e os seus autores, facede as vosas pescudas polo blog.
E xa podedes pasar pola Biblioteca para recoller os exemplares que están a agardar por vós!

lunes, 4 de noviembre de 2013

Xa temos club!

Non tivemos que presentarnos a unha proba de selección. Tampouco houbo que pasar unha entrevista ou presentar documentación de ningún tipo... Xuntámonos para formar parte do Club de lectura porque nos gusta ler e queremos compartir historias e experiencias. Imos estar no Club deste curso 2013-14 pola parte do alumnado:
1º ESO A
Agua Menacho
1º ESO B

Carla Palmeiro
María Rodríguez
Paola Sención
Dérek Pérez
2º ESO A
Paula Fernández
Clara Fernández
Mariña Barreiro
Marta Fernández 
2º ESO B
Candela Muñíz
Paula Rosales
Carmela Sánchez
Martiño
Carla Sánchez
Lucía López
4º ESO A
Cristina Leandro (PDC)
Rocío Jiménez
Fátima Novo
4º ESO B
Alba Basanta
Rocío Couto
Xabier Doural
Andrés Filipe Oliveira
E pola parte do profesorado:Montserrat García Sanjurjo, Jesús García Cortázar e Begoña Abad Navas.
Abrimos A chave dos libros!!

domingo, 20 de octubre de 2013

VOLVEMOS!!!




Despois de dous anos de "descanso" o club de lectura do IES Foz retoma as súas actividades con novo nome: A chave dos libros. Queremos así vincularnos ao blog da biblioteca e ser unha chave máis que abra novas portas á lectura.


Queres participar? 
Pasa pola biblioteca e apúntate. 
Temos moitas historias que vivir xuntos!