viernes, 20 de diciembre de 2013

Primeira xuntanza de 1º e 2º ESO

Comezamos a nosa reunión con certa timidez e medo escénico, así que fixemos unha presentación informal de cada un de nós e así coas risas rompemos o xeo.
Os relatos de Poe que lemos  foron O escaravello de ouro  e Os crimes da rúa Morgue. Revivimos todo o desacougo que nos crearon esas lecturas pero que non por iso deixaron de gustarnos.
Ao final, tod@s acabamos comentando o que máis nos  sorprendera, como o reloxo que penduraba da árbore, e cadramos de acordo en que Poe é un autor que paga a pena ler.
E para adozar unhas tramas tan intrigantes, uns bombóns de benvida ao club.
Estade atent@s ao blog para coñecer as próximas lecturas!



Marcovaldo

http://www.librolibro.es/images/portadas/marcovaldo-ou-as-estacions-na-cidade-9788499144801.jpgEscoitastes falar de Marcovaldo? Non, non é un xogador de fútbol nin un actor ou cantante famoso. Quizá ese nome non vos diga nada. De todas maneiras, unha vez que o coñezades, dificilmente o poderedes esquecer. A proposta para a próxima xuntanza son tres historias de Italo Calvino, incluídas en Marcovaldo ou as estacións na cidade (1963), traducido por Silvia Gaspar.
Como o orixinal estaba en italiano, propoñemos un audio nesta lingua sobre un dos relatos, “O bosque na autoestrada”: www.youtube.com/watch?v=1X18AOPFegE
Hai información sobre Calvino na entrada antiga do blog e, como curiosidade, nesta revista de literatura tedes unha explicación do propio autor sobre o seu xeito de escribir, que titula "Cómo escribo": www.lamaquinadeltiempo.com/prosas/calvino01.htm
Vémonos o 23 de xaneiro na Biblioteca!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Primeira xuntanza 4º ESO

Ai! Mal comezamos cando non cumprimos os prazos de lectura!
Pero non pasa nada, xa sabemos que tedes moitos exames e que ás veces non se chega a todo.
Adiamos a data da reunión sobre Tom Sawyer para o 13 de xaneiro. Buscade un oco no Nadal para perdervos nas súas aventuras.