jueves, 10 de diciembre de 2009

Tom Sawyer "ataca" de novo

Como segunda lectura para o noso club de lectura retomamos este ano As Aventuras de Tom Sawyer, de Mark Twain. Na fotografía da primeira edición da obra tes o enlace ás entradas que elaboramos o curso pasado con motivo da lectura desta divertida novela.

Fotos da primeira sesión


miércoles, 2 de diciembre de 2009

Préstamo interbibliotecario




















Viaxan para o IES Vilar Ponte de Viveiro uns libros en empréstito para o seu club de lectura: Ollos de auga, de Domingo Villar e Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra i Fabra.

Esperamos que vos gusten e nos fagades chegar os vosos comentarios.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Marcovaldo ilustrado

Así ven a Marcovaldo e o seu entorno algúns ilustradores.



Marcovaldo circula xa



Xa temos repartidos os exemplares da primeira lectura do noso club: unha selección de cuentos de Marcovaldo, de Ítalo Calvino. No enlace tes información acerca do autor.

Club de lectura 2009-10

Xa somos 18 alumnos e cinco profesores para dar comezo por cuarto ano consecutivo o noso Clube de lectura. Reunirémonos os Xoves que entre todos decidamos a partir das 16 horas para falar de libros.

Estos son os participantes: alumnos de ESO (Irea Fernández http://lectoresfoz.blogspot.com/Xove, Noa López Teijeiro, Jenniffer Fernandes Barbosa, Gemma Maseda Mariño, Fátima Dilami Bouzni, Cristina Leandro Augusto Memorias, Hanza Selovane el Khiari, Eddy Alexander Solano Cordero, Mohamed El Kamel Histi, Lucía Villarino, Tamara Rodríguez González, Sabela Fernández Rodicio, Alicia María de Oliveira García, María del Mar García García, Vanesa Balseiro García, Nekame Iglesias López, Alba Díaz Fernández, Julia García Currás) e profesores (Concepción Roca Constenla, Montserrat García Sanjurjo, Marisa Bermúdez, Enrique Marcote Icart, Jesús García Cortázar).

jueves, 18 de junio de 2009

A mansión dos Pampín

O cómic de Miguelanxo Parado A mansión dos Pampín é o elixido para pechar as sesións do noso club de lectura. Picando na imaxe accedes ó cómic na rede e interesantísima e completa información acerca do proxecto Terra.

viernes, 29 de mayo de 2009

Viaxe do Club de lectura




Posted by Picasa



O club de lectura do IES de Foz propón, para rematar as actividades deste curso 2008-9 invítate a unha excursión a Santiago co seguinte plan:

Venres 26 de Xuño: Saída ás 8:30 ; 11 h. visita guiada pola Biblioteca América, Pazo de Fonseca, biblioteca e cubertas da Facultade de Historia; 12.30 visita á librería Couceiro e compra de libros; 14h comida; 16h.café-tertulia sobre o cómic A mansión dos Pampin, de Miguelanxo Prado;18 h.: regreso a Foz (chegada sobre as 20.30 h.).

Para a nosa tertulia temos convidado ó Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e a Víctor Freixanes.

lunes, 18 de mayo de 2009

Videoconferencia



O venres 15 de Maio o club de lectura do IES de Foz celebrou unha sesión de videoconferencia co IES Vilar Ponte de Viveiro para comentar a lectura de Asasinato no Orient Express de Agatha Christie. Un ha experiencia moi interesante que con seguridade habemos de repetir o vindeiro curso.

miércoles, 29 de abril de 2009

Ítalo Calvino

Con motivo da lecturano clib deMarcovaldo, Luzdivina Lorenzo Chaves achéganos unha reseña de Ítalo Calvino.
Ítalo Calvino naceu en Cuba en 1923 pero na súa adolescencia emigrou, xunto coa súa familia, a Italia. Co estalido da 2ª Guerra Mundial Calvino foi chamado ó servizo militar pola República Social Italiana , pero desertou e uniuse ás Brigadas Partisanas, mentres que seus pais quedaban como reféns dos alemán. Rematada a guerra mudouse a Turín, onde colaborou en varios perióidicos, e posteriormente matriculouse na facultade de Letras.

Neste período publicou na editorial Einaudi a súa primeira novela Il sentiero dei nidi di ragno, baseada nas súas experencias como partisano. Seguiu un volume de contos; ámbalas dúas obras de carácter neorrealista, ata a súa famosísima triloxía, aparentemente fantástica, I nostri antenati (O vizconde demediado, O barón rampante e O cabaleiro inexistente).

En Marcovaldo,ovvero Le stagioni in città recompilación de fábulas modernas nas que se evidencia o contraste entre natureza e progreso e editado en dúas series en dúas datas diferentes 1958 e 1963, podemos apreciar a evolución do autor. A primeira serie achégase ó terreo da fábula, mentras que a segunda trata os mesmos temas —a sociedade urbana— levándoos de maneira irónica cara ó absurdo.

Cuba, París e Roma foron as súas ciudades; a súas súas obras Le Cosmicomiche (1955), unha recompilación de contos aparentemente de ciencia ficción, Ti con zero (Tiempo cero) de 1967 e Il castello dei destini incrociati (1969), La taverna dei destini incrociati (1973), Le città invisibili (1972), Se una notte d'inverno un viaggiatore (1979) nas que amosa o seu interese polas ciencias naturais e a socioloxía.

Morre en Roma en 1985 dun ictus cerebral. Varias obras póstumas teñense publicado dende entón.

lunes, 27 de abril de 2009

Se tes intención de ler Asasinato no Orient Express non leas isto


Agora que xa todos limos o libro, Noelia Legaspi nos desvela o seu contido.

Hercule Poirot embarca no Orient Express. Dáse conta de que non hai sitio en primeira clase e ocupa un compartimento de segunda cun americano chamado Héctor.
No coche restaurante coñece ó resto dos pasaxeiros. Un deles, chamado Ratchett, recoñéceo e quere contratalo para que o protexa dun asasino. Poirot rexeita a súa proposta e consegue finalmente un compartimento en primeira para el só.

Pola noite, no vagón escóitanse uns berros e soar algúns timbres chamando ó encargado. Este atende a unha señora americana que lle di que había alguén no seu compartimento. Esa mesma noite o tren vese obrigado a parar debido a unha forte ventisca.


Ó día seguinte pola mañá Ratchett aparece asasinado. A porta do seu compartimento estaba pechada e teñen que rompela. Bouc, un doctor grego e Poirot inspeccionan o cadáver e fanse cargo do caso. No corpo do falecido aparecen varias coiteladas.


Tras investigar, Poirot descobre que Ratchett era un asasino que estaba envolto nun crime moi coñecido, o caso “Armstrong”, o cal consistira no secuestro e asasinato dunha menor e que conlevou a morte da nai e o suicidio do pai da cativa.

Ó final do libro, Poirot, o famoso detective belga, descobre que as persoas que se atopaban no coche de pasaxeiros no que viaxaba a vítima do crime estaban dunha ou doutra maneira relacionados coa familia Armstrong. Deste xeito quedan explicadas as diversas coiteladas que recibira a vítima e a grande antipatía que todos os pasaxeiros sentían cara a ela.

martes, 14 de abril de 2009

Asasinato no Orient Express




Nesta ocasión enfrontámonos a unha novela de misterio e asasinato a cargo de Agatha Christie en sintonia co club de lectura do IES Vilar Ponte de Viveiro. Con eles comentaremos a nosa lectura.
A obra tivo unha adaptación cinematográfica da que vos ofrecemos un fragmento interpretado nin máis nin menos que por Ingrid Bergman.

viernes, 6 de febrero de 2009

Edgar Allan Poe e o Corvo


Un tributo a Poe e o seu famoso poema O Corvo. Accede picando na imaxe.

EDGAR ALLAN POE


Nesta terceira sesión do Club de lectura, acudimos a Edgar Allan Poe. Neste enlace podedes admirar o gran traballo dos nosos compañeiros do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, que comparten con nós a lectura de Poe.

Outro enlace ó blog do Sánchez Cantón no aniversario de Poe:

MESTURAS: Edgar Allan Poe e o Corvo

martes, 3 de febrero de 2009

Miles gloriosus e Golfus de Roma

Comentabamos o pasado Luns 2 de Febreiro, na nosa reunión do Club de lectura sobre Miles Gloriosus, que había unha cinta de Robert Lexter, Golfus de Roma, moi divertida e que reflectía moi ben o espírito do teao de Plauto. Temos a película na biblioteca pero podedes botarlle unha ollada neste avance.

miércoles, 14 de enero de 2009

CORREDOR DE LIBROS DA MARIÑA LUCENSE


Gracias ós nosos colegas do IES Vilar Ponte de Viveiro por ter colaborado co noso club de lectura prestándonos oito exemplares de Tom Sawyer.

AS AVENTURAS DE TOM SAWYER




As aventuras de Tom Sawyer non está exclusivamente destinado ó público xuvenil pois, en palabras do autor, “está composto coa idea de espertar recordos do pasado nos adultos e expoñer como sentían, pensaban e falaban, e en que raras empresas se embarcaban”.


A novela relata as aventuras dunha infancia pobre pero moi intensa. O protagonista, o traste e mentireiro Tom, que vive á beira do Mississippi e soña con ser pirata, é unha mestura dos trazos característicos de tres nenos que Twain coñeceu, mentres que o personaxe de Huck Finn tomouno dun modelo real. As falcatruadas de Tom Sawyer rompen coa rutina diaria dos habitantes do pobo sureño no que vive e conseguen engaiolar e entreter o lector.

O paso do tempo non fixo que a novela envellecese ou perdese frescura. Sucede máis ben que a inocencia e rebeldía daqueles nenos contrasta coa violencia da época actual. E senón, velaí un fragmento polo que semella que non pasou o tempo: “Para facer que alguén, sexa este home ou rapaz, desexe algunha cousa, só cómpre facela difícil de conseguir”.

MARK TWAIN

Mark Twain foi o pseudónimo que utilizou en boa parte da súa obra o escritor estadounidense Samuel Langhorne Clemens (1835-1910). A escolla tivo que ver coa súa biografía, pois con só catro anos trasladouse da aldea natal (Florida, en Missouri) a un porto fluvial no Mississippi chamado Hannibal. Pois ben, neste río onde o autor traballou un tempo como piloto dun barco de vapor, a expresión mark twain significa “dúas brazas de profundidade”, isto é, o calado mínimo para unha boa navegación.

Twain non sempre o tivo doado para saír adiante, así que á ocupación como piloto hai que engadir outras non menos curiosas como as de aprendiz de imprenta e logo tipógrafo, soldado confederado, buscador de ouro e conferenciante, ademais de xornalista.

A andaina como escritor de sona comezou coa publicación do conto “A ra saltarina do condado das Caveiras”, unha historia que escoitara contar nas minas de ouro de California. As súas viaxes por Europa e Terra Santa inspiraron Os inocentes no estranxeiro (1869), libro no que fai burla dos aspectos de Europa que causaban impresión nos turistas estadounidenses e onde se mofa do provincialismo pailán dos seus concidadáns. Seguirían outros títulos como: Unha vida dura (1872), As aventuras de Tom Sawyer (1876), Un vagabundo no estranxeiro (1880), Príncipe e mendigo (1882), Vida no Mississippi (1883), Un ianqui na corte do rei Arturo (1889) e a secuela de Tom Sawyer, As aventuras de Huckelberry Finn. Esta non foi a súa última novela, pero é considerada unha obra mestra. En realidade, nas décadas de 1870 e 1880, un período marcado pola felicidade de compartir a vida co seu grande amor, Olivia Langdon, escribiu a maior parte das súas mellores obras.

Os lectores e os críticos destacan o seu humor franco, ás veces irreverente, e o realismo tanto na localización espacial das historias coma na linguaxe empregada polos personaxes. Ademais, a escrita de Twain deixa ver o seu profundo odio pola hipocrisía e a opresión, aspectos que retratan a sociedade estadounidense de mediados do século XIX.

A mala sorte pareceu perseguilo no ámbito dos negocios e o infortunio tamén levou por diante a varios dos seus seres queridos. Con todo, polo que respecta á súa profesión de escritor, foi considerado unha celebridade mundial nos últimos anos da súa vida e mesmo recibiu o doctorado Honoris Causa pola Universidade de Oxford.

MÁIS PARTICIPANTES NO NOSO CLUB DE LECTURA

Novos membros do noso club ós que recibimos cos brazos abertos: Manuel Sanjurjo Rodríguez, Nuria Sante Fernández e Lorena Fernández Rúa.