miércoles, 10 de diciembre de 2008

PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA 2008-9

  • O club de lectura O focego retoma por fin as súas actividades con outro formato. Este ano convocaremos as reunións fóra de horario lectivo. Xa sabemos que eso restará afluencia ó noso club, pero aínda resistimos.
Os participantes somos:
  • Sandra Rey Oliveros, Miguel Ramada da Silva, Luzdivina Lorenzo Chaves, Daniel Peña Alborés, Lucas Val Terrón, Eva Ramos López, Lorena Legaspi Rodríguez, María Vieira Castillo, Antía Fernández Moscoso, Silvia Pais Fanego, Montserrat García Sanjurjo, María Luísa Bermúdez Vázquez, Concepción Roca Constenla, Jesús Vázquez Méndez, Enrique Marcote Icart, Jesús García Cortázar.
A primeira xuntanza terá lugar o Venres 19 d3e Decembro ás 11: 30 horas.

viernes, 13 de junio de 2008

MORTADELO Y FILEMON




Uns clásicos do TBO para finalizar cos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO as actividades do club de lectura. Accede á páxina oficial de: Mortadelo e Filemon.

miércoles, 21 de mayo de 2008




















As aventuras de Tintín

Os contos de Tintín conteñen un divertido e entretido documento etnográfico, cargado de tópicos, no que se recrean os costumes e hábitos de todas aquelas culturas que resultaban, e aínda resultan, exóticas para a conciencia etnocéntrica europea, así como os principias fitos tecnolóxicos e as tensións políticas polas que atravesou Europa durante gran parte do século XX.
Independentemente dalgunhas controversias sobre a ideoloxía de fondo que esconden as historietas de Hergé, as aventuras de Tintín forman parte xa do mellor da historia do cómic e son un referente ineludible na educación de moitas xeracións de nenos e adolescentes de todo o mundo. Non en van están traducidas a máis de 50 idiomas e téñense vendido máis de 200 millóns de exemplares destes cómics.
Tintín é un reporteiro novo que, acompañado do seu leal can Milú, viaxa por todo o mundo tratando de evitar as inxustizas cometidas por malvados, tiranos e demais personaxes de dubidosa condición moral. Xunto con Milú, frecuentemente aparecen nos seus contos outros personaxes inesquecibles tales como o constantemente anoxado capitán Haddock, o profesor Tornasol, un científico despistado, e os detectives Hernández e Fernández, que nunca fan unha a dereitas
Hergé
Georges Remi, máis coñecido polo pseudónimo de Hergé, naceu en Bélxica o 22 de maio de 1907, morrendo no mesmo país en 1983. Dende moi pequeno amosou unha grande destreza para o debuxo, de xeito que a partir de 1922 empezou a publicar as primeiras viñetas ilustrando artigos na revista católica Le Boy Scout. En 1926 creou unha serie chamada Totor: Guía da Patrulla Hannetons, onde recrea as aventuras dun mozo scout que máis tarde se convertería no célebre reporteiro Tintín.

martes, 8 de abril de 2008

A obra de Robert L. Stevenson

A produción literaria de Stevenson é moi ampla e toca xéneros coma a narrativa, o ensaio e a poesía. Entre os heroes das súas novelas e relatos curtos figuran nenos ou adolescentes, piratas, asasinos…pero os máis memorables son nenos e viaxeiros, coma se desvalimento e viaxe fosen condicións indispensables para chegar á madurez. Os protagonistas xuvenís son, esencialmente, seres orfos, o que os fai dispoñibles e dispostos, fráxiles…pero só ó principio, pois chega un momento no que o orfo desvalido toma as rendas do seu destino. A Jim Hawkins, o protagonista de A illa doTesouro, sucédelle isto mesmo. O outro heroe da novela, John Silver, é ó mesmo tempo un criminal, é quen de traizoar ou salvar, de ser tan xeneroso coma cruel…A expedición a unha illa descoñecida ten como obxectivo a busca do mítico tesouro do capitán Flint. Intrigante novela de aventuras onde os heroes miden as súas forzas…


Ademais de A illa do Tesouro, Stevenson é autor de grandes novelas como A Frecha Negra, Secuestrado, Catriona e a moi coñecida O estraño caso do Dr. Jekyll e Mr.Hyde.

Robert Louis Stevenson

Stevenson, a quen de cativo chamaban familiarmente “Smout” (co significado de peixiño), foi enfermizo desde neno. Con todo, os seus problemas de pulmón non lle impediron viaxar por todo o mundo, ás veces mesmo forzado para buscar climas máis suaves e saudables.

O autor escocés naceu ás aforas de Edimburgo, na cidade nova, en 1850. Unha das persoas que máis influirían nel foi a enfermeira que o coidaba, “Cummy”, pois ela alimentou a súa imaxinación contándolle historias da Biblia e da historia escocesa. O neno Stevenson probou sorte seguindo os pasos do seu pai e avó, pero a enxeñería non estaba feita para el. Tampouco a avogacía, pois rematou a carreira pero nunca exerceu. En realidade, sempre desafiou as convencións da sociedade de clase media de Edimburgo. Mesmo se conta como marchou á cidade vella co seu abrigo de veludo buscando os ambientes bohemios e a aventura. Stevenson dicía que tiña outros plans para a súa carreira, que quería ser escritor, como así foi.

Falando de bohemia, dise que un dos lugares onde máis feliz se sentiu foi a colonia de Grez, en Francia. Ademais, alí coñeceu a súa futura muller, Fanny Vandegrift Osbourne, unha americana que viñera a Francia para estudar e fuxindo dun matrimonio infeliz. A Stevenson custoulle un pouco convencela para casar con el, pero á fin conseguiuno en 1880. Parece ser que, algo amoucado e sen esperanzas porque ela regresara ós Estados Unidos, Stevenson realizou en 1878 unha das súas viaxes memorables a través dos Cévennes do Macizo Central francés, acompañado unicamente do burro Modestine… Logo disto embarcouse cara a América para convencer a Fanny de que casasen. Desoíu os consellos dos amigos, que vían que viaxar alí non era bo para a súa saúde e temían que os seus pais descubrisen que en realidade non estaba en Londres. Así e todo, Fanny foi a súa muller e aportou á nova familia un fillo do seu anterior matrimonio. Curioso foi o destino da súa viaxe de lúa de mel: hospedáronse nunha cabana de mineiros abandonada en California. Toda unha aventura…

O autor escocés está enterrado nunha illa de Samoa, Vailima, onde pasou os últimos anos, tras mudar de residencia en moitas ocasións por motivos de saúde, e onde se implicou coa cultura e política locais. Os nativos da illa chamábanlle Tusitala (“o que conta contos”). Infelizmente, “Tusitala” deixou de viaxar coa imaxinación moi novo, pois morreu en 1890, con só 40 anos…

O neno do pixama a raias

Boyne narra nesta novela a historia dun neno de nove anos, Bruno, que en plena Segunda Guerra Mundial se traslada a vivir, xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Auschwitz. Pero el non é un preso xudeu máis, senón o fillo do comandante nazi do campo de concentración. Sen que ninguén o saiba, pois intúe que non sería do agrado dos seus pais, Bruno consegue trabar amizade cun neno xudeu da súa idade que, inexplicablemente para el, sempre está vestido cun sucio pixama a raias. El e máis Shmuel, así se chama o seu novo amigo, vivirán unha “aventura” que nunca máis poderá esquecer o seu pai, o comandante nazi.

Unha perspectiva da barbarie nazi vista dende a mentalidade inocente dun preadolescente que non é consciente da traxedia que se desenvolve ó seu arredor. Todo o horror que supuxo a crueldade dos campos de concentración, centrados no exterminio dos xudeus, resulta aínda maior cando aparece como paisaxe de fondo na vida agradable e cotiá dunha familia “normal”.

Esta novela remove o corazón do lector: primeiro, polo aterrador do seu final e, segundo, porque nos lembra que a maldade humana nunca ten un rostro claramente identificable senón que se agocha detrás de todos nós

John Boyne





John Boyne naceu en Dublín, Irlanda, en 1971. Formouse no Trinity College e na Universidade de East Anglia, en Norwich. Autor doutras catro novelas —The Thief of Time, The Congress of Rough Riders, Crippen y Next of Kin—, O neno do pixama a raias supuxo a consecución dun éxito unánime en todos os países onde se publicou. Foi finalista dos premios Borders Original Voices y Ottakar’s Children’s Book Prize, e nomeada ao «Index on Censorship» Award, ao Premio Ungari Unicef e á Carnegie Medal. Miramax/Disney prepara unha longametraxe coa dirección de Mark Herman.

martes, 4 de marzo de 2008

Wiesner- Müller- Mattei


Os grupos de 1º e 2º de ESO, que len ¿Tienen los animales que lavarse los dientes? están formados por: 1º A de ESO Adán Acevedo García, Yeray Castro Rodríguez, Abraham Cuadrado Martínez, Paola da Silva Bueno, Somaia Dilami Bouizri, Ayla Fernández Leivas, Yobana Fernández Pereira, Edmilson Figueiredo Reis, Estefanía López Benítez, Alejandro Lorido Posso, Miguel Ramada da Silva, Sonia Cristina Rosa Jose; 1º B de ESO Andrea Calvo Trelles, Octavio Daniel García González, Víctor Goyos Mariña, Óscar Lombán Cao, Roberto López Couto, Carina María Martíns Pinto, Álvaro Moreda Linares, Manuel Olivié Corbal, Iván Parga Fernández, Gemma Prado Andrade, Paula Rico Ramos, Manuel Sanjurjo Rodríguez, Sergio Vila Otero, Sergio Yanes López; 2º A de ESO Iago Alonso Abad, Alejandro Manuel Bartomeu Casabella, Itziar Bernardo Varela, Carla Burundarena Seco, Elisabet Castro Rodríguez, Sara de Alfonso Sánchez, Eduardo Gil Fernández Fernández, Iago Gallo Marcos, Sara Iglesias Martínez, Nara López Teijeiro, Fátima Ouadoud Elkhiari, Susana Reigosa Veiga; 2º B de ESO Alejandro Giacomán García, Adán Pérez Veiga, Adrián Piñeira Núñez, Sandra Rey Oliveros, David Rivas Fernández, Diego Rodríguez Reigosa, Alexo Teijeiro Lousas, Lucía Villarino Lestegás.

lunes, 3 de marzo de 2008

Jack London



O escritor máis famoso do seu tempo, o que máis cartos fixo cos seus libros, viviu unha vida tan intensa e curta coma os relatos que escribía. Afirman algúns que esta breve vida, inzada de peripecias, foi a súa máis apaixoante obra, sempre marcada por dúas sombras que atraparon a súa infancia: a pobreza e a fame, das que escapou gracias ó seu tesón e talento.
Naceu en 1876 en San Francisco (California) dunha espiritista e un astrólogo ambulante e dende cativo traballa sucesivamente nunca fábrica de conservas, como ladrón de ostras, coma vixiante da Patrula Pesqueira, embarcado, nunca fábrica de iute … Mantén sen embargo a paixón da lectura, que, coma é mesmo afirma “o salva da delincuencia”. Comeza publicando en xornais ata que a súa obra alcanza grande éxito: os editores buscan desesperados os seus relatos. Xornalista, corresponsal de guerra, viaxeiro impenitente, granxeiro … London bebe, consume drogas para manter a súa deteriorada saude e o seu ritmo de vida e escribe para poder facer fronte ós seus fabulosos gastos. Fallece en circunstancias non aclaradas no seu ruinoso rancho, na cima do éxito, en 1916. Tiña 40 anos.

A súa obra inclúe básicamente relatos – a súa máis valiosa aportación – e novelas entre os que destacan: A chamada da selva, Asesinatos S.L., Cairo Blanco, O lobo de mar, O silencio blanco e outros contos, John Barleycorn, A expedición do pirata, A Quimeira do ouro, Os piratas da bahía de San Francisco, Martin Eden, Polos mares do sur, Unha odisea nórdica …

Jerome D. Salinger





Jerome David Salinger (Nova York, 1919), fillo de emigrantes, a nai católica de orixe irlandés e o pai xudeu polaco, é un dos escritores norteamericanos máis misteriosos do século XX. Pouca cousa se sabe del, pois teno visto moi pouca xente. A penas si hai unha fotografía súa e, incluso, durante un tempo difundiuse o rumor de que non existía: non sería máis que unha tapadeira creada por un sindicato anónimo de escritores. O certo é que o seu reservado modo de vida ten contribuído en grande medida á creación desa figura fantasmagórica moi do agrado dos seus “fans” (durante a década dos 50 formáronse nos Estados Unidos varios clubs de adeptos ó fenómeno Salinger). Dende principios dos anos 60 vive recluído, coma un anacoreta, nunha casa solitaria nos bosques de New Hampshire, parece ser que dedicando o seu tempo ó budismo zen, ó vexetarianismo, á homeopatía e a contemplar a televisión. Na entrada da súa propiedade pode lerse un cartel ben revelador do seu caracter: “Prohibido pasar”.

Sábese que foi un alumno mediocre na adolescencia, que ós 15 anos entrou nunha academia militar, onde contemplou o tráxico suicidio dun dos seus compañeiros ó tirarse por unha ventá e que, despois dunha breve viaxe por Europa, inscribiuse con pouco éxito na Universidade de Columbia nun curso de literatura titulado “creative writting”. En 1945 foi mobilizado e participou posteriormente no desembarco de Normandía. En 1955 cásase con Claire Douglas, filla dun relevante crítico de arte, da que se divorciou 10 anos despois e con quen tivo unha filla, Margaret, e un fillo, Matt Salinger, que acabaría converténdose en actor de cine. A súa filla escribiu unha biografía sobre el na que non sae moi ben parado. Censúralle a mala vida que lle fixo pasar á súa nai. Desde o seu retiro da vida pública numerosos admiradores téñense achegado ós arredores da súa propiedade coa esperanza de ver ó enigmático Salinger. Eso si, frecuentemente no inverno, para aproveitar as facilidades que proporciona a falta de follas nas árbores.

Salinger ten escrito poucas obras. Parece que a súa producción é inversamente proporcional á súa xigantesca lenda. Unha soa novela: O vixía no centeo (1951), Nove contos (1953) e, máis tarde, entre 1961 e 1963, tres relatos pensados como partes dunha nova novela: Franny e Zooey, Levantade carpinteiros a viga mestra e Seymour: unha introducción. De entre estes escritos o máis célebre e, segundo moitos críticos, a obra mestra da literatura americana da súa xeración, é sen dúbida a novela. Aquí describe a sensibilidade, a vida social e a atmosfera do seu tempo a través da historia dun rapaz, Holden Caulfield, que ó ser expulsado dun centro escolar vaga durante tres días polas rúas de Nova York. Trátase dun personaxe no que se recoñeceron miles de estudiantes americanos, e co que se pode identificar calquera adolescente que estea pasando polo duro tránsito psicolóxico que supón descubrir a hipocrisía, mentira e inxustiza na que viven os adultos, tan afastados das fantasías heroicas que envolven a inocencia da infancia. Despois de ter lido esta novela moitas xeracións de entusiastas viviron e viven esperando aínda unha nova novela de Salinger.

Os autores


Os autores de ¿Tienen los animales que lavarse los dientes?

Henning Wiesner naceu en 1944 en Neisse (Polonia). Cursou estudios de veterinaria e dirixe o zoolóxico Hellabrunn de Munich.

Walli Müller naceu en 1969 en Plattling (Alemañia) e traballa coma xornalista especializada en temas culturais, en crítica de cine e literatura.

Günter Mattei naceu en Bregenz (Austria) en 1947. Estudou deseño gráfico e traballa coma ilustrador. Colabora dende hai anos co zoolóxico Hellabrunn de Munich.

¿Tienen los animales que lavarse los dientes?

De moi recente edición, o presente libro resultou merecente do Premio Bolonia de Literatura Infantil 2006 na categoría Non Ficción.
¿Fúndenselles os plomos ós vagalumes? ¿Rin as galiñas? ¿É crente a mantis relixiosa? ¿Sabe inglés o pastor alemán? ¿Fuman os camelos? ¿É pacifista o peixe espada?... Todas estas preguntas, entre outras moitas, fixéronllas ó autor deste libro e director dun zoolóxico, nun breve programa de radio (“Cousas de bichos en radio Baviera 3”), que se emitíu pola mañana, entre el momento de lavar os dentes e tomar o primeiro café, durante un ano. Cunha maxistral habelencia para transmitir e facer sinxelo o complexo, os autores respostan de xeito divulgativo e divertido, pero con todo o rigor da ciencia, ás inquedantes preguntas dos amantes dos animais.

La hoguera


Agora que temos rematada alectura dos contos de London, propoñemos que comparedes o orixinal de La hoguera con esta breve versión en cómic de Gerardo Alvaro Canelo.

Jerome D. Salinger



Os grupos de 1º de Bacharelato iniciaron Club de lectura cunha selección de relatos de Jerome Salinger:

Forman os grupos os alumnos de 1º C Eva Vilar Fernández, Inés López Couto, Rudy Pacio Rivas, María José López Lorenzo, Eva Partido Alonso; de 1º B Rubén Níñez Lorigados, Alba Rodríguez López, Diego Gómez Couto, Nicolás Vázquez Gutiérrez, Francisco Ponce Belmonte; de 1ºA Jennifer Agüeira Casariego, Carmela Díaz Reimunde, Cristian Domínguez Fernández, Orlando Fernández Río, Macarena Giacoman García, Alejandra María Hermida Campo, Carolina Mon Cancio, Cristina Neira Otero, Cristina Niñez Prado, Iria Natalia Otero Fernández, Leticia Otero López, Alba Pérez Losada, Sabela Pico Lombán, Jorge Rey Oliveros, Zeltia Ruíz Neira, Pablo Sánchez Cruz, María Suárez García, Cristina Villarino Ledo e os profesores Concepción Roca Constela, Marisa Bermúdez, Jesús Vázquez Méndez.

Jack London


O grupo de 3º e 4º de ESO abrimos este Club de lectura cunha selección de relatos de Jack London: El silencio blanco, Amor a la vida, La hoguera.

Forman o grupo os alumnos de 3º B de ESO Alba Burundarena Otero, Nayr García Lestegás, Zaida Ron Villalba, Carla Ares Fernández, Marta García González e Mila Doval Suárez; de 4ºA de ESO Ramón Insua Noguerol e Iván Souto Cabado ; de 4º Bde ESO Daniel Peña Alborás, Angélica Couto Longarela, Antía Fernández Moscoso, Andrea C. Doural García e Rosalía Pumares Campos e os profesores Montserrat García Sanjurjo, Mar García Mourelo, Enrique Marcote Icart e Jesús García Cortázar.