viernes, 6 de febrero de 2009

EDGAR ALLAN POE


Nesta terceira sesión do Club de lectura, acudimos a Edgar Allan Poe. Neste enlace podedes admirar o gran traballo dos nosos compañeiros do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, que comparten con nós a lectura de Poe.

Outro enlace ó blog do Sánchez Cantón no aniversario de Poe:

MESTURAS: Edgar Allan Poe e o Corvo

3 comentarios:

  1. Dende a miña opinión estes capítulos do libro de E.A. Poe foron moi amenos de leer. A súa lectura dende un pricipio coa historia da busqueda busqueda do teusoro intrigoume xa que parecía que o home perdera a cabeza pero en realidade tiña o asunto moi estudado e desmostrou gran habilidade para descifrar as escrituras.No segundo o que máis me impactou foron os cambios repentinuos de comportamento que levaban ó persoaxe a matar a iso que el consideraba querido e a frialdade que demostraba ante a situación.Penso que este libro foi unha boa elección e estou desexando ver cal é o seguinte.

    Lucas Val Terrón

    ResponderEliminar
  2. Este ano as reunións post-lectura do club de “filolectores” están resultando moi interesantes, así como os comentarios do noso alumnado neste blog. Sorpréndeme o nivel e a profundidade das vosas apreciacións. Anímovos a que sigades nesta liña. Respecto ós contos de Poe, só insistir aquí unha vez máis na xenialidade, ó meu parecer, deste autor. Aínda lle sigo dando voltas á precisión coa que resolveu todos os aparentes desatinos no conto do escaravello. Nada sobra, nin o capitán (recurso que desviará a nosa atención cara o insecto dándolle unha importancia que finalmente non vai ter), nin o can saltando sobre o narrador (que fai que o pergamiño se achegue momentáneamente ó lume), etc.
    Suso Vázquez

    ResponderEliminar
  3. A lectura destes dous relatos de E. Poe foron moi amenos, o primeiro contándo como se pode cambiar co alcohol, xa que o protagonista pasou de querer ós animais a matar ó seu gato, e incluso a súa propia muller, anque a vida deste escritor está foi lonxana a nosa, o que conta mneste relato, pode adaptarse facilmente ó mundo no que nos estamos a vivir, xa que sucesos parecidos ó que relatou Poe, saen na prensa continuamente. Respeto ó outro relato, admiro moito como foi capaz de manternos constantemente en dúbidas sobre como se ía resolver finalmente o relato, por é case imposible non crer que realmente o protagonista se volvera tolo, creo que ninguén espera que en realidade sexa un home tan listo e astuto, xa que foi capaz de resolver un enigma moi dificil para atopar o tesouro, toodos os persoaxes deste relato teñen un papel moi importante, á hora de facer que o lector centre os seus pensamentos no escarebello. Realmente hai que recoñecer que E. Poe tiña unha mente privilexiada para a súa época.

    Luzdivina Lorenzo Chaves

    ResponderEliminar