jueves, 18 de junio de 2009

A mansión dos Pampín

O cómic de Miguelanxo Parado A mansión dos Pampín é o elixido para pechar as sesións do noso club de lectura. Picando na imaxe accedes ó cómic na rede e interesantísima e completa información acerca do proxecto Terra.

3 comentarios:

  1. O cómic foi unha boa escolla como remate das lecturas do club. Resulta ben interesante desde o punto de vista narrativo pois en poucas páxinas e dun xeito moi entretido consegue reproducir a problemática das desfeitas urbanísticas, ese mal infelizmente tan estendido por Galicia adiante. A tertulia vai estar animada porque o asunto dá para o debate.

    ResponderEliminar
  2. Este cómic significaba o fianl deste club, por este ano, e dende logo, o cómic estubo á altura. Foi moi interesante lelo mentres vias as magníficas viñetas que acompañaban a este problema tan común, representado nel, os problemas cás herencias.
    A reunion que fixemos para este foi a mellor, sen dúbida ningunha, das que se fixeron ó longo do curso. Foi moi interesante falar dos aspectos do cómic, nun lugar que aparecia reflexado no cómic. Sen dúbida este cómic abarca á perfeción o espiritu galego dende os diferentes ámbitos socias.
    En referencia ó que mais me empresionou, teño que recoñecer que o momento en cando lle din o protagonista, que os celtas nunca estiveron en Galicia e que os castros non son verdadeiramente tesouros, é moi subrealista, xa que a historia de Galicia esta basada no noso pasado celta.

    Ludi Lorenzo

    ResponderEliminar
  3. Este libro estubo moi ben xa que resultoume moi entretido e divertido.
    A parte que máis me gustou foi o final na praia e cando encontraban a castro celta.
    A min pareceume que foi unha boa escolla.
    Sofía P.M. 1ºB ESO

    ResponderEliminar