lunes, 3 de marzo de 2008

Jack London



O escritor máis famoso do seu tempo, o que máis cartos fixo cos seus libros, viviu unha vida tan intensa e curta coma os relatos que escribía. Afirman algúns que esta breve vida, inzada de peripecias, foi a súa máis apaixoante obra, sempre marcada por dúas sombras que atraparon a súa infancia: a pobreza e a fame, das que escapou gracias ó seu tesón e talento.
Naceu en 1876 en San Francisco (California) dunha espiritista e un astrólogo ambulante e dende cativo traballa sucesivamente nunca fábrica de conservas, como ladrón de ostras, coma vixiante da Patrula Pesqueira, embarcado, nunca fábrica de iute … Mantén sen embargo a paixón da lectura, que, coma é mesmo afirma “o salva da delincuencia”. Comeza publicando en xornais ata que a súa obra alcanza grande éxito: os editores buscan desesperados os seus relatos. Xornalista, corresponsal de guerra, viaxeiro impenitente, granxeiro … London bebe, consume drogas para manter a súa deteriorada saude e o seu ritmo de vida e escribe para poder facer fronte ós seus fabulosos gastos. Fallece en circunstancias non aclaradas no seu ruinoso rancho, na cima do éxito, en 1916. Tiña 40 anos.

A súa obra inclúe básicamente relatos – a súa máis valiosa aportación – e novelas entre os que destacan: A chamada da selva, Asesinatos S.L., Cairo Blanco, O lobo de mar, O silencio blanco e outros contos, John Barleycorn, A expedición do pirata, A Quimeira do ouro, Os piratas da bahía de San Francisco, Martin Eden, Polos mares do sur, Unha odisea nórdica …

No hay comentarios:

Publicar un comentario