miércoles, 14 de enero de 2009

AS AVENTURAS DE TOM SAWYER




As aventuras de Tom Sawyer non está exclusivamente destinado ó público xuvenil pois, en palabras do autor, “está composto coa idea de espertar recordos do pasado nos adultos e expoñer como sentían, pensaban e falaban, e en que raras empresas se embarcaban”.


A novela relata as aventuras dunha infancia pobre pero moi intensa. O protagonista, o traste e mentireiro Tom, que vive á beira do Mississippi e soña con ser pirata, é unha mestura dos trazos característicos de tres nenos que Twain coñeceu, mentres que o personaxe de Huck Finn tomouno dun modelo real. As falcatruadas de Tom Sawyer rompen coa rutina diaria dos habitantes do pobo sureño no que vive e conseguen engaiolar e entreter o lector.

O paso do tempo non fixo que a novela envellecese ou perdese frescura. Sucede máis ben que a inocencia e rebeldía daqueles nenos contrasta coa violencia da época actual. E senón, velaí un fragmento polo que semella que non pasou o tempo: “Para facer que alguén, sexa este home ou rapaz, desexe algunha cousa, só cómpre facela difícil de conseguir”.

7 comentarios:

  1. Un conto non só entretido. Como outros autores abordados xa neste club de lectura Twain reflicte o contraste entre as miradas adolescente e adulta do mundo. As trasnadas da infancia amolan aos maiores porque no fondo recórdanlles que a auténtica maldade está entre eles. Aparece cando se perde a inocencia. Suso vázquez

    ResponderEliminar
  2. Particularmente o libro non me gustou demasiado. O mais interesante de todo o libro é o final, cando atopan o tesouro, por iso penso que a "2ª parte" do libro, seguramente, sexa mais interesante. Aínda así, gustoume moito como os nenos estan continuamente facendo trocos cas súas pertenzas. Luzdivina Lorenzo Chaves

    ResponderEliminar
  3. Pues bajo mi punto de vista fué un libro en el que me costó entrar, al principio pareciéndome muy largo y también, algo "rollo". Pero al irlo leyendo me fué gustando, metiéndome cada vez más en los personajes, atrayéndome y al final me quedé con ganas de una continuación del libro [destacando la parte en que parece que el personaje se hace mayor, dejando de hacer tantas travesuras y aparecen sus verdaderos sentimientos cuando se preocupa por su tía ]. En resumen, me gustó el libro.

    María Vieira Castillo

    ResponderEliminar
  4. Na nosa opinión (Anty e Lorena); non é o tipo de libro que nós lemos habitualmente, xa que as aventuras non nos chaman a seguir lendo para averiguar o que acontece ó final. A verdade, non resultou tan difícil de ler; e ensinounos valores sobre a amizade que ata agora descoñecíamos. O día da reunión para comentar o libro, divertímonos moito, con algúns comentarios.

    Anty e Lorena.

    ResponderEliminar
  5. Este foi o primeiro libro que lin de Mark Twain. É un clásico que na miña opinión, ó principio resulta un pouco aburrido xa que parece que só conta as trastadas de Tom e non semella ter un fío arguental moi ben definido. Embargantes, todo comeza a poñerse interesante cando Tom e Huck acuden ó cemiterio, que segundo o meu punto de vista é donde o relato comeza a definirse e "engancha" finalmente ó lector. Acabou por gustarme e quizais tamén me gustaria leer a continuación do libro ( de Huckelberry Finn).
    Pareceume unha historia mui interesante, xa que amosa aspectos da realidade do momento, como a diferenza entre as clases sociais da época, o racismo, a importancia da Igrexa, a austeridade... E ainda que moitos dixeron que non lles gustou nada o tema do racismo, eu non o creo asi, porque o autor simplemente trata o tema con certa ironía e demostra ser unha persoa que se atopa por enriba da ideoloxía propia da época, cunhas ideas máis avanzadas, o cal plasma na súa literatura, que se sale nalgúns aspectos da liña que seguían os autores daqueles tempos.

    Eva Ramos

    ResponderEliminar
  6. A reunión do club de lectura na que debatimos sobre Tom Sawyer foi, na miña opinión, moi ilustrativa para desvelar a verdadeira natureza dunha obra clásica: moitos falaron da dificultade inicial da lectura, da distancia ó noso mundo, do ton un tanto alleo... pero ninguén foi quen de negarlle os seus méritos literarios e, conforme avanzaba a discusión, todos quedamos moi satisfeitos de ter feito o pequeno esforzo de chegar ata o fin.
    SUSO CORTÁZAR

    ResponderEliminar