miércoles, 29 de abril de 2009

Ítalo Calvino

Con motivo da lecturano clib deMarcovaldo, Luzdivina Lorenzo Chaves achéganos unha reseña de Ítalo Calvino.
Ítalo Calvino naceu en Cuba en 1923 pero na súa adolescencia emigrou, xunto coa súa familia, a Italia. Co estalido da 2ª Guerra Mundial Calvino foi chamado ó servizo militar pola República Social Italiana , pero desertou e uniuse ás Brigadas Partisanas, mentres que seus pais quedaban como reféns dos alemán. Rematada a guerra mudouse a Turín, onde colaborou en varios perióidicos, e posteriormente matriculouse na facultade de Letras.

Neste período publicou na editorial Einaudi a súa primeira novela Il sentiero dei nidi di ragno, baseada nas súas experencias como partisano. Seguiu un volume de contos; ámbalas dúas obras de carácter neorrealista, ata a súa famosísima triloxía, aparentemente fantástica, I nostri antenati (O vizconde demediado, O barón rampante e O cabaleiro inexistente).

En Marcovaldo,ovvero Le stagioni in città recompilación de fábulas modernas nas que se evidencia o contraste entre natureza e progreso e editado en dúas series en dúas datas diferentes 1958 e 1963, podemos apreciar a evolución do autor. A primeira serie achégase ó terreo da fábula, mentras que a segunda trata os mesmos temas —a sociedade urbana— levándoos de maneira irónica cara ó absurdo.

Cuba, París e Roma foron as súas ciudades; a súas súas obras Le Cosmicomiche (1955), unha recompilación de contos aparentemente de ciencia ficción, Ti con zero (Tiempo cero) de 1967 e Il castello dei destini incrociati (1969), La taverna dei destini incrociati (1973), Le città invisibili (1972), Se una notte d'inverno un viaggiatore (1979) nas que amosa o seu interese polas ciencias naturais e a socioloxía.

Morre en Roma en 1985 dun ictus cerebral. Varias obras póstumas teñense publicado dende entón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario