lunes, 27 de abril de 2009

Se tes intención de ler Asasinato no Orient Express non leas isto


Agora que xa todos limos o libro, Noelia Legaspi nos desvela o seu contido.

Hercule Poirot embarca no Orient Express. Dáse conta de que non hai sitio en primeira clase e ocupa un compartimento de segunda cun americano chamado Héctor.
No coche restaurante coñece ó resto dos pasaxeiros. Un deles, chamado Ratchett, recoñéceo e quere contratalo para que o protexa dun asasino. Poirot rexeita a súa proposta e consegue finalmente un compartimento en primeira para el só.

Pola noite, no vagón escóitanse uns berros e soar algúns timbres chamando ó encargado. Este atende a unha señora americana que lle di que había alguén no seu compartimento. Esa mesma noite o tren vese obrigado a parar debido a unha forte ventisca.


Ó día seguinte pola mañá Ratchett aparece asasinado. A porta do seu compartimento estaba pechada e teñen que rompela. Bouc, un doctor grego e Poirot inspeccionan o cadáver e fanse cargo do caso. No corpo do falecido aparecen varias coiteladas.


Tras investigar, Poirot descobre que Ratchett era un asasino que estaba envolto nun crime moi coñecido, o caso “Armstrong”, o cal consistira no secuestro e asasinato dunha menor e que conlevou a morte da nai e o suicidio do pai da cativa.

Ó final do libro, Poirot, o famoso detective belga, descobre que as persoas que se atopaban no coche de pasaxeiros no que viaxaba a vítima do crime estaban dunha ou doutra maneira relacionados coa familia Armstrong. Deste xeito quedan explicadas as diversas coiteladas que recibira a vítima e a grande antipatía que todos os pasaxeiros sentían cara a ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario