martes, 8 de abril de 2008

John Boyne





John Boyne naceu en Dublín, Irlanda, en 1971. Formouse no Trinity College e na Universidade de East Anglia, en Norwich. Autor doutras catro novelas —The Thief of Time, The Congress of Rough Riders, Crippen y Next of Kin—, O neno do pixama a raias supuxo a consecución dun éxito unánime en todos os países onde se publicou. Foi finalista dos premios Borders Original Voices y Ottakar’s Children’s Book Prize, e nomeada ao «Index on Censorship» Award, ao Premio Ungari Unicef e á Carnegie Medal. Miramax/Disney prepara unha longametraxe coa dirección de Mark Herman.

1 comentario:

  1. O neno do pixama a raias: interesante aínda que un tanto superficial. Non está moi xustificado dende o punto de vista da calidade literaria o éxito editorial do libro.

    ResponderEliminar