martes, 8 de abril de 2008

O neno do pixama a raias

Boyne narra nesta novela a historia dun neno de nove anos, Bruno, que en plena Segunda Guerra Mundial se traslada a vivir, xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Auschwitz. Pero el non é un preso xudeu máis, senón o fillo do comandante nazi do campo de concentración. Sen que ninguén o saiba, pois intúe que non sería do agrado dos seus pais, Bruno consegue trabar amizade cun neno xudeu da súa idade que, inexplicablemente para el, sempre está vestido cun sucio pixama a raias. El e máis Shmuel, así se chama o seu novo amigo, vivirán unha “aventura” que nunca máis poderá esquecer o seu pai, o comandante nazi.

Unha perspectiva da barbarie nazi vista dende a mentalidade inocente dun preadolescente que non é consciente da traxedia que se desenvolve ó seu arredor. Todo o horror que supuxo a crueldade dos campos de concentración, centrados no exterminio dos xudeus, resulta aínda maior cando aparece como paisaxe de fondo na vida agradable e cotiá dunha familia “normal”.

Esta novela remove o corazón do lector: primeiro, polo aterrador do seu final e, segundo, porque nos lembra que a maldade humana nunca ten un rostro claramente identificable senón que se agocha detrás de todos nós

1 comentario:

  1. Este magnifico libro é un dos moitos ambentados na 2ª Guerra Mundial, está claro que esta guerra serviu de impiración para moitos autores, pero este é moi especial.
    Este libro relatado sobre como ve Bruno o mundo que o rodea.
    Para min resultoume moi bonita a amizade ente Bruno e Shmuel, xa que a pesar de que as "razas" dos rapaces, a alemá e a xudea, están enfrontadas, isto non provocou probremas entre eles.
    Creo que cando o pai de Bruno se decatou do que lle sucedera realmente ó seu fillo, detestou, en certa maneira, todos os ideis que fixera ata o momento.

    Luzdivina Loenzo Chaves

    ResponderEliminar