miércoles, 21 de mayo de 2008




















As aventuras de Tintín

Os contos de Tintín conteñen un divertido e entretido documento etnográfico, cargado de tópicos, no que se recrean os costumes e hábitos de todas aquelas culturas que resultaban, e aínda resultan, exóticas para a conciencia etnocéntrica europea, así como os principias fitos tecnolóxicos e as tensións políticas polas que atravesou Europa durante gran parte do século XX.
Independentemente dalgunhas controversias sobre a ideoloxía de fondo que esconden as historietas de Hergé, as aventuras de Tintín forman parte xa do mellor da historia do cómic e son un referente ineludible na educación de moitas xeracións de nenos e adolescentes de todo o mundo. Non en van están traducidas a máis de 50 idiomas e téñense vendido máis de 200 millóns de exemplares destes cómics.
Tintín é un reporteiro novo que, acompañado do seu leal can Milú, viaxa por todo o mundo tratando de evitar as inxustizas cometidas por malvados, tiranos e demais personaxes de dubidosa condición moral. Xunto con Milú, frecuentemente aparecen nos seus contos outros personaxes inesquecibles tales como o constantemente anoxado capitán Haddock, o profesor Tornasol, un científico despistado, e os detectives Hernández e Fernández, que nunca fan unha a dereitas
Hergé
Georges Remi, máis coñecido polo pseudónimo de Hergé, naceu en Bélxica o 22 de maio de 1907, morrendo no mesmo país en 1983. Dende moi pequeno amosou unha grande destreza para o debuxo, de xeito que a partir de 1922 empezou a publicar as primeiras viñetas ilustrando artigos na revista católica Le Boy Scout. En 1926 creou unha serie chamada Totor: Guía da Patrulla Hannetons, onde recrea as aventuras dun mozo scout que máis tarde se convertería no célebre reporteiro Tintín.

martes, 8 de abril de 2008

A obra de Robert L. Stevenson

A produción literaria de Stevenson é moi ampla e toca xéneros coma a narrativa, o ensaio e a poesía. Entre os heroes das súas novelas e relatos curtos figuran nenos ou adolescentes, piratas, asasinos…pero os máis memorables son nenos e viaxeiros, coma se desvalimento e viaxe fosen condicións indispensables para chegar á madurez. Os protagonistas xuvenís son, esencialmente, seres orfos, o que os fai dispoñibles e dispostos, fráxiles…pero só ó principio, pois chega un momento no que o orfo desvalido toma as rendas do seu destino. A Jim Hawkins, o protagonista de A illa doTesouro, sucédelle isto mesmo. O outro heroe da novela, John Silver, é ó mesmo tempo un criminal, é quen de traizoar ou salvar, de ser tan xeneroso coma cruel…A expedición a unha illa descoñecida ten como obxectivo a busca do mítico tesouro do capitán Flint. Intrigante novela de aventuras onde os heroes miden as súas forzas…


Ademais de A illa do Tesouro, Stevenson é autor de grandes novelas como A Frecha Negra, Secuestrado, Catriona e a moi coñecida O estraño caso do Dr. Jekyll e Mr.Hyde.

Robert Louis Stevenson

Stevenson, a quen de cativo chamaban familiarmente “Smout” (co significado de peixiño), foi enfermizo desde neno. Con todo, os seus problemas de pulmón non lle impediron viaxar por todo o mundo, ás veces mesmo forzado para buscar climas máis suaves e saudables.

O autor escocés naceu ás aforas de Edimburgo, na cidade nova, en 1850. Unha das persoas que máis influirían nel foi a enfermeira que o coidaba, “Cummy”, pois ela alimentou a súa imaxinación contándolle historias da Biblia e da historia escocesa. O neno Stevenson probou sorte seguindo os pasos do seu pai e avó, pero a enxeñería non estaba feita para el. Tampouco a avogacía, pois rematou a carreira pero nunca exerceu. En realidade, sempre desafiou as convencións da sociedade de clase media de Edimburgo. Mesmo se conta como marchou á cidade vella co seu abrigo de veludo buscando os ambientes bohemios e a aventura. Stevenson dicía que tiña outros plans para a súa carreira, que quería ser escritor, como así foi.

Falando de bohemia, dise que un dos lugares onde máis feliz se sentiu foi a colonia de Grez, en Francia. Ademais, alí coñeceu a súa futura muller, Fanny Vandegrift Osbourne, unha americana que viñera a Francia para estudar e fuxindo dun matrimonio infeliz. A Stevenson custoulle un pouco convencela para casar con el, pero á fin conseguiuno en 1880. Parece ser que, algo amoucado e sen esperanzas porque ela regresara ós Estados Unidos, Stevenson realizou en 1878 unha das súas viaxes memorables a través dos Cévennes do Macizo Central francés, acompañado unicamente do burro Modestine… Logo disto embarcouse cara a América para convencer a Fanny de que casasen. Desoíu os consellos dos amigos, que vían que viaxar alí non era bo para a súa saúde e temían que os seus pais descubrisen que en realidade non estaba en Londres. Así e todo, Fanny foi a súa muller e aportou á nova familia un fillo do seu anterior matrimonio. Curioso foi o destino da súa viaxe de lúa de mel: hospedáronse nunha cabana de mineiros abandonada en California. Toda unha aventura…

O autor escocés está enterrado nunha illa de Samoa, Vailima, onde pasou os últimos anos, tras mudar de residencia en moitas ocasións por motivos de saúde, e onde se implicou coa cultura e política locais. Os nativos da illa chamábanlle Tusitala (“o que conta contos”). Infelizmente, “Tusitala” deixou de viaxar coa imaxinación moi novo, pois morreu en 1890, con só 40 anos…

O neno do pixama a raias

Boyne narra nesta novela a historia dun neno de nove anos, Bruno, que en plena Segunda Guerra Mundial se traslada a vivir, xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Auschwitz. Pero el non é un preso xudeu máis, senón o fillo do comandante nazi do campo de concentración. Sen que ninguén o saiba, pois intúe que non sería do agrado dos seus pais, Bruno consegue trabar amizade cun neno xudeu da súa idade que, inexplicablemente para el, sempre está vestido cun sucio pixama a raias. El e máis Shmuel, así se chama o seu novo amigo, vivirán unha “aventura” que nunca máis poderá esquecer o seu pai, o comandante nazi.

Unha perspectiva da barbarie nazi vista dende a mentalidade inocente dun preadolescente que non é consciente da traxedia que se desenvolve ó seu arredor. Todo o horror que supuxo a crueldade dos campos de concentración, centrados no exterminio dos xudeus, resulta aínda maior cando aparece como paisaxe de fondo na vida agradable e cotiá dunha familia “normal”.

Esta novela remove o corazón do lector: primeiro, polo aterrador do seu final e, segundo, porque nos lembra que a maldade humana nunca ten un rostro claramente identificable senón que se agocha detrás de todos nós

John Boyne





John Boyne naceu en Dublín, Irlanda, en 1971. Formouse no Trinity College e na Universidade de East Anglia, en Norwich. Autor doutras catro novelas —The Thief of Time, The Congress of Rough Riders, Crippen y Next of Kin—, O neno do pixama a raias supuxo a consecución dun éxito unánime en todos os países onde se publicou. Foi finalista dos premios Borders Original Voices y Ottakar’s Children’s Book Prize, e nomeada ao «Index on Censorship» Award, ao Premio Ungari Unicef e á Carnegie Medal. Miramax/Disney prepara unha longametraxe coa dirección de Mark Herman.

martes, 4 de marzo de 2008

Wiesner- Müller- Mattei


Os grupos de 1º e 2º de ESO, que len ¿Tienen los animales que lavarse los dientes? están formados por: 1º A de ESO Adán Acevedo García, Yeray Castro Rodríguez, Abraham Cuadrado Martínez, Paola da Silva Bueno, Somaia Dilami Bouizri, Ayla Fernández Leivas, Yobana Fernández Pereira, Edmilson Figueiredo Reis, Estefanía López Benítez, Alejandro Lorido Posso, Miguel Ramada da Silva, Sonia Cristina Rosa Jose; 1º B de ESO Andrea Calvo Trelles, Octavio Daniel García González, Víctor Goyos Mariña, Óscar Lombán Cao, Roberto López Couto, Carina María Martíns Pinto, Álvaro Moreda Linares, Manuel Olivié Corbal, Iván Parga Fernández, Gemma Prado Andrade, Paula Rico Ramos, Manuel Sanjurjo Rodríguez, Sergio Vila Otero, Sergio Yanes López; 2º A de ESO Iago Alonso Abad, Alejandro Manuel Bartomeu Casabella, Itziar Bernardo Varela, Carla Burundarena Seco, Elisabet Castro Rodríguez, Sara de Alfonso Sánchez, Eduardo Gil Fernández Fernández, Iago Gallo Marcos, Sara Iglesias Martínez, Nara López Teijeiro, Fátima Ouadoud Elkhiari, Susana Reigosa Veiga; 2º B de ESO Alejandro Giacomán García, Adán Pérez Veiga, Adrián Piñeira Núñez, Sandra Rey Oliveros, David Rivas Fernández, Diego Rodríguez Reigosa, Alexo Teijeiro Lousas, Lucía Villarino Lestegás.